A Xunta remata a execución da nova senda peonil na estrada LU-617 en Toiriz, no concello de Pantón

Habilitouse un itinerario de 530 metros a ambos os lados da estrada, cun ancho mínimo de 1,8 metros, salvo nalgunha zona puntual con vivendas, garantindo a accesibilidade

A senda dálle continuidade ao itinerario existente, posibilitando un itinerario peonil continuo de 850 metros nesta parroquia do municipio lucense

A actuación contou cun orzamento de 330.000 euros
 

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

A Xunta vén de rematar a execución da nova senda peonil na estrada LU-617, en Toiriz, no concello de Pantón.

A actuación, cun orzamento de preto de 330.000 euros, ten como obxectivo mellorar a mobilidade e a seguridade viaria a través da construción dunha nova senda de 530 metros a ambos os lados da LU-617, ao seu paso polo núcleo de Toiriz.

O novo itinerario conta cun ancho mínimo de 1,8 metros, salvo nalgunha zona puntual con vivendas, garantindo a accesibilidade.

Con esta actuación complétase o itinerario existente nesta vía da Xunta, dotando a parroquia dun itinerario peonil continuo de 850 metros de lonxitude.

Para executar o novo itinerario foi necesario a demolición, primeiro, das cunetas, soleiras existentes e demais pavimentos. Despois dispúxose o novo itinerario en saburra artificial e formigón bituminoso.

Ademais construíronse 2 muros de contención con bloques de granito, que dispoñen de varandas de protección. Tamén se dispuxo balizamento e defensas.

A intervención completouse coa colocación de canal de desaugue e sumidoiros, conectados a unha nova canalización para garantir a correcta recollida das augas pluviais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/02/2024