A Xunta colabora con Cáritas diocesana de Tui-Vigo para favorecer a inclusión de persoas en situación de vulnerabilidade
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a entidade
2024-01-31
/documents/35297/43504/20240131+DXInclusionCaritasTuiVigo1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 31 de xaneiro de 2024
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou a importancia de seguir afondando na colaboración con entidades como Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para apoiar ás persoas en situación ou risco de exclusión. Díxoo na visita ás instalacións da entidade, onde tivo a ocasión de conversar con persoal e usuarios.
Arturo Parrado sinalou que as entidades do terceiro sector son as grandes aliadas da Xunta para apoiar ás persoas e familias que pasan por momentos de dificultade económica e que precisan de axuda para saír desta situación e seguir adiante.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 31/01/2024