A Xunta adxudica por 104.000 € a obra de mellora do subministro eléctrico en Valdecorvos, Pontevedra

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2024

A Xunta de Galicia investirá 104.800 euros na mellora do subministro eléctrico da urbanización de Valdecorvos, no concello de Pontevedra. A adxudicación foi adxudicada esta mañá polo Consello de Administración de Xestur, que se encargará de executar a obra.

En concreto, a empresa pública procederá á instalación da liña de media tensión, do centro de transformación e da rede de baixa tensión que reforzará o servizo da urbanización desta zona, unha vez que a meirande parte das parcelas están xa adxudicadas a cooperativas e promotoras, ademais de ao propio Concello de Pontevedra e ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Neste sentido, cómpre lembrar que o organismo autonómico ten actualmente en licitación o contrato das obras de construción dun edificio de 74 vivendas de promoción pública nunha parcela da súa propiedade en Valdecorvos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/01/2024