O conselleiro de Educación reúnese con directores de colexios de Cambados e O Grove para analizar as necesidades educativas
2024-01-30
/documents/35297/43504/20240130ReunionDirectoresCentrosSalnes_1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 30 de xaneiro de 2024
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse hoxe cos directores dos colexios CEIP San Tomé (Cambados), CEIP Plurilingüe de Conmeniño e CEIP Rosalía de Castro (ambos os dous no Grove), e CEIP Coirón-Dena (Meaño) para analizar futuras iniciativas en materia educativa.
Neste sentido, analizáronse as distintas necesidades de cada un dos tres centros e abordáronse as posibles solucións a medio prazo, en función da prioridade de cada unha delas, e algunhas delas xa en marcha. En calquera caso, o titular do departamento educativo da Xunta emprazou aos directores a futuros encontros con representantes da Xefatura Territorial da Consellería en Pontevedra para concretar as actuacións a desenvolver.
Data de actualización: 30/01/2024