Rivo informa nun encontro do Foro Liceo de Ourense dos Programas en activo da Xunta para impulsar o emprego e a igualdade

Ourense, 29 de xaneiro de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe nun encontro do Foro Liceo de Ourense, onde informou sobre os programas que a Xunta ten en activo para promover o emprendemento e o traballo autónomo, a remuda xeracional e a economía social como modelo que mellor reparte riqueza e apego no territorio. Tamén salientou a importancia da nova Lei de igualdade para acabar coas discriminacións contra a muller e o apoio autonómico ao emprendemento feminino.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2024