Galicia participa en Madrid na reunión da Conferencia sectorial de infancia e adolescencia

Neste encontro ordinario abordouse o reparto territorial de fondos para a formación en competencias dixitais de nenos e adolescentes en situación de vulnerabilidade

 

Madrid, 29 de xaneiro de 2024 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe en representación da Xunta de Galicia na reunión ordinaria da Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia, que se celebrou esta tarde na sede do Ministerio de Juventud e Infancia.

Na xuntanza presentáronse as liñas xerais do Ministerio e o acordo do Consejo de Ministros do pasado 27 de decembro para a distribución territorial de fondos para a formación en competencias dixitais para nenos e adolescentes en situación de vulnerabilidade. Esta segunda cuestión finánciase a través do Plan de Transformación, Recuperación e Resilencia.

 
Data de actualización: 29/01/2024