A delegada da Xunta destaca o traballo do centro Aspavi de atención a persoas con discapacidade intelectual en Pazos de Borbén

Pazos de Borbén (Pontevedra), 29 de xaneiro de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns no municipio de Pazos de Borbén os servizos que presta a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (Aspavi) nos seus centros ocupacionais e de día.

A responsable autonómica enxalzou o traballo desta entidade que oferta prazas sufragadas con fondos públicos. Ana Ortiz destacou o labor de Aspavi para dar resposta ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual no campo ocupacional.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2024