O 061 de Galicia asistiu 78 persoas por 60 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 26 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 28 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 67 chamadas por accidentes de tráfico
 

A Estrada (Pontevedra), 29 de xaneiro de 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 78 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 26 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 28 de xaneiro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 27 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 67 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 78 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50% e do 50% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 26 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
26
Lugo
10
Ourense
7
Pontevedra
17
Galicia
60
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse en dúas ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 57 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 56 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 21 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2024