A Casa de Galicia encheuse para gozar da presentación da marca turística “Ribadeo, a contrapunto”

Madrid, 29 de xaneiro de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación, “Ribadeo, a contrapunto”, que reuniu na Casa de Galicia a personalidades de diversos sectores.

Un encontro que serviu para dar a coñecer e potenciar a localidade, da que queren destacar a súa diversidade de atractivos, capaces de namorar aos visitantes, porque ten de todo e para todos.

Xa o nome elixido para a nova marca reflicte a harmonía da que presume a localidade "cunha singularidade propia", segundo destacou o alcalde ribadense, Daniel Vega, moi satisfeito do resultado dun acto que tivo como madriña á xornalista e escritora, gañadora do Planeta, Sonsoles Ónega.

Ao termo da presentación, os asistentes gozaron de degustación de produtos locais, elaborados por cociñeiros da vila de Ribadeo, e a música do mozo pianista, Guillermo Cruzado, tamén ribadense"

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2024