A Xunta subliña que as Casas de Familia son fundamentais para a protección de nenos e adolescentes vulnerables

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe o centro do Grove

O Grove (Pontevedra), 28 de xaneiro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou hoxe a importancia que teñen as Casas de Familia para a atención a nenos e adolescentes en risco especial de vulnerabilidade. Díxoo nunha visita ao centro ‘Maluma’ no Grove, onde reciben atención un grupo de menores que están dentro do sistema de protección autonómico.

 

Jacobo Rey subliñou que este tipo de recursos, xunto ao acollemento familiar, son o maior garante de que nenos e adolescentes en situación ou risco de desprotección dispoñan das ferramentas necesarias para desenvolver unha vida plena.

Data de actualización: 26/01/2024