Fabiola García visita a residencia de maiores de Arteixo

A conselleira de Política Social e Xuventude salientou os avances na atención e nos coidados acadados en Galicia nos últimos anos
 

Arteixo (A Coruña), 27 de xaneiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola Garcia, estivo hoxe con persoal e usuarios da residencia para persoas maiores de Arteixo, pertencente á rede pública autonómica.

Na súa visita, Fabiola García puxo en valor os pasos adiante que nos últimos anos deu Galicia para que as persoas maiores teñan a oportunidade de elixir onde e como queren pasar esta etapa das súas vidas: nas súas casas e contornas coidados polos seus, ou nun centro residencial.

Data de actualización: 27/01/2024