A Xunta destaca a traxectoria da Fundación Dignidade na atención e protección a menores

Lugo, 26 de xaneiro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de atención integral de día da Fundación Dignidade, en Lugo. Durante o encontro puxo en valor a traxectoria desta entidade na atención e protección da infancia e puxo en valor a relevancia deste tipo de servizos para previr posibles situacións de desprotección de nenos e adolescentes.

O director xeral lembrou que o Goberno galego busca diversificar os servizos destinados a atención á infancia para atender ás situacións particulares de cada menor. Neste sentido, destacou a importancia de contar con servizos de prevención, de actuación e tamén de integración dos nenos e adolescentes para garantir que teñan unha infancia en igualdade e feliz.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/01/2024