A Xunta pon de relevo a innovación no sector forestal nas instalacións de Maderas Hermanos Castro

O director salientou a súa aposta pola modernización e a mellora da eficiencia así como o seu compromiso coa diminución da pegada de carbono e a utilización de madeira local

Grazas ás achegas do Goberno autonómico están a desenvolver unha liña de produción de viga laminada de piñeiro galego

Ponteareas (Pontevedra), 26 de xaneiro de 2024

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, realizou esta mañá unha visita ás instalacións de Maderas Hermanos Castro, no concello pontevedrés de Ponteareas.

 

Alí, o director puxo en valor o papel innovador que desenvolve esta empresa familiar con case catro décadas de experiencia. Neste sentido, salientou a súa aposta pola modernización e a mellora da eficiencia; así como o seu compromiso coa diminución da pegada de carbono e a utilización de madeira local.

 

Na súa visita, Jacobo Aboal puido coñecer de preto o novo proxecto que están a desenvolver grazas ás achegas convocadas pola Axencia, centrado nunha liña de produción de viga laminada de piñeiro galego, que atenderá á demanda crecente do mercado. Ademais, ofrecerá garantías da súa orixe e trazabilidade mediante a ferramenta FORTRA.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/01/2024