Rivo asiste ao partido entre o Club Voleibol Ourense Senior e o Arona Tenerife Sur no marco da Superliga Feminina 2

Ourense, 27 de xaneiro de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu esta tarde ao partido entre o Club Voleibol Ourense Senior e o Arona Tenerife Sur no marco da Superliga feminina 2, que se celebrou no polideportivo ourensán O Pompeo.

A conselleira mostrou así o seu apoio ao deporte feminino como vía para acadar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, que debe estenderse a todos os ámbitos da vida, eliminando calquera tipo de desequilibrio, discriminación ou violencia por razóns de xénero.

 

Data de actualización: 27/01/2024