Fabiola García informa as persoas maiores da Residencia El Pilar, de Bergondo, sobre as novidades do Bono Residencia

Bergondo (A Coruña), 26 de xaneiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta mañá os maiores da residencia El Pilar, de Bergondo, onde os informou sobre as novidades do Bono Residencia. Durante o encontro, tamén se interesou sobre as súas preocupacións para seguir ideando melloras que atendan as súas necesidades reais.

 A conselleira apuntou que o obxectivo do Goberno galego é poñer á disposición das persoas maiores servizos útiles que se adapten á realidade da nosa Comunidade. Neste sentido, destacou a importancia de crear centros da máis alta calidade, nos que existan unha coordinación sociosanitaria ao tempo que se fomenta a sensación de fogar para os usuarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/01/2024