A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de dous ríos nos concellos da Pobra do Caramiñal e de Ribeira

Estes traballos están levándose a cabo nos treitos interurbanos do río Esteirón e nun río innominado, nunha lonxitude de 255 metros

Estas intervencións enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos

Estes traballos teñen como obxectivo mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
 

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Esteirón e nun río innominado ao seu paso polos concellos da Pobra do Caramiñal e de Ribeira.

As actuacións que se están a desenvolver nestes ríos suman unha lonxitude total de 255 metros, nos seus percorridos por distintos lugares destes dous municipios.

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e o uso social na contorna dos ríos.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/01/2024