A Xunta colabora con Cáritas diocesana e Dignidad no apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e a entidade Dignidad

Ferrol (A Coruña), 26 de xaneiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe o papel fundamental que teñen entidades como Cáritas ou Dignidad no apoio ás persoas que están a pasar unha mala situación económica e aos colectivos máis vulnerables, como as persoas xitanas, inmigrantes ou sen fogar. Arturo Parrado visitou os centros de atención que teñen estas dúas organizacións en Ferrol, onde conversou con traballadores e usuarios.

 

O director xeral destacou o traballo realizado nos últimos anos en Galicia na loita contra a pobreza, a exclusión e a discriminación, sempre da man das entidades do terceiro sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/01/2024