A Xunta destaca o traballo en favor da inclusión que realiza a Asociación Mulleres en Igualdade

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou as instalacións da entidade en Foz

Foz (Lugo), 25 de xaneiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, destacou o traballo que realiza a Asociación Mulleres en Igualdade para favorecer a integración das persoas en situación ou risco de exclusión. Fíxoo durante unha visita ás instalacións que ten esta entidade en Foz, onde se reuniu cos seus responsables e usuarios.

 

Arturo Parrado sinalou que, entre as actuacións prioritarias de Mulleres en Igualdade, está a prevención da violencia de xénero e a atención ás vítimas, así como apoiar a inserción laboral de colectivos vulnerables, como o das mulleres inmigrantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/01/2024