A conselleira de Política Social e Xuventude visitou hoxe a escola infantil Agasalle, en Santiago de Compostela

Fabiola García destaca a satisfacción que xera a gratuidade de 0 a 3 anos entre as familias e o sector

Sinalou que é unha medida valente e pioneira, coa que se reforza o apoio á infancia, ás familias e á conciliación

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, subliñou esta mañá a satisfacción que xera a gratuidade da atención educativa de 0 a 3 anos entre as familias e o sector. Díxoo durante unha visita á escola infantil Agasalle. Fabiola García sinalou que é unha medida pioneira coa que se reforzan os avances que nos últimos anos se acadaron na comunidade no apoio á infancia, ás familias e á conciliación.

A conselleira destacou a boa acollida da gratuidade entre os fogares galegos, así como entre as propias escolas infantís, porque lle dá valor a atención educativa na primeira infancia. Así mesmo, considerou un motivo de orgullo que outras Comunidades Autónomas miren a Galicia para tentar imitar esta medida.

Na súa visita Agasalle, que leva doce anos en funcionamento, Fabiola García tivo a ocasión de falar con responsables e profesionais do centro, así como de percorrer as súas aulas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/01/2024