Fabiola García asiste a un Encontro de Corais e a unha chocolatada solidarias organizadas por Ategal

A conselleira de Política Social e Xuventude destacou o amplo programa de actividades que ten a entidade

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola Garcia, asistiu esta tarde ao Encontro de Corais e á posterior chocolatada organizadas por Aulas Sénior Galicia (Ategal), dúas actividades solidarias para axudar á Cociña Económica de Santiago.

Fabiola García destacou o amplo programa de actividades formativas, de ocio e de carácter social que desenvolve Ategal, coas que ademais favorece a participación da xente maior e un envellecemento activo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/01/2024