A Xunta asiste á entrega de premios do certame O teu desexo 2024 da Unión de Consumidores de Galicia

A Coruña, 23 de xaneiro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta mañá á entrega de premios do certame O teu desexo 2024 que concede anualmente a Unión de Consumidores de Galicia. Jacobo Rey puxo en valor o carácter solidario desta convocatoria e agradeceu á entidade a súa implicación no proxecto. 

Estes premios están dirixidos a nenos e nenas de escolas infantís de primeiro ciclo e, nunha segunda categoría, a nenos e nenas de ata 12 anos que se atopen dentro do sistema de protección de menores. Os gañadores nesta edición foron alumnos da escola infantil pública autonómica de Vila de Cruces e da Casa de familia Albaba de Vilagarcía de Arousa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/01/2024