A Xunta defende o dereito das persoas maiores a elixir libremente como e onde queren pasar esta etapa das súas vidas

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, en Sarreaus

Sarreaus (Ourense), 23 de xaneiro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, defendeu hoxe o dereito que teñen as persoas maiores de poder elixir libremente como e onde queren pasar esta etapa das súas vidas. Díxoo durante unha visita ao Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.

Antón Acevedo destacou o traballo que se desenvolven nestas instalacións para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e fomentar un envellecemento activo, poñendo á súa disposición servizos de manutención, coidados persoais, fisioterapia e rehabilitación ou podoloxía, entre outros. No centro tamén se desenvolven actividades físicas e lúdicas, e conta con transporte adaptado para os seus usuarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/01/2024