A Xunta informa ás entidades de protección da infancia sobre o novo concerto social de acollemento residencial
2024-01-23
/documents/35297/43501/240123_infancia_x-3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, reuniuse esta mañá na Escola Galega da Administración Pública (EGAP) con entidades de protección da infancia para informar sobre o novo concerto social de acollemento residencial aprobado polo Goberno galego.
Á reunión asistiron diversas entidades do terceiro sector que traballan no eido da protección á infancia e o acollemento residencial. O director xeral informou ás entidades de que o novo concerto social dá prioridade ás entidades sen ánimo de lucro e ten por obxectivo garantir un tratamento homoxéneo a todas as casas de familia e minirresidencias da Comunidade Autónoma.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 23/01/2024