O Sergas finaliza a fase de oposición de enfermería e de diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria

Ofértanse un total de 1.556 prazas na categoría de enfermería e 96 en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública

A estas prazas de enfermería súmanse as 456 xa resoltas no mes de novembro
 

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes presentadas en cada un dos distintos exercicios e a finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermería e en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989 do 23 de outubro): farmacéutico inspector de saúde pública, inspector farmacéutico, inspector médico, licenciado en ciencias biolóxicas, licenciado en ciencias químicas, licenciado en farmacia, licenciado en medicina e cirurxía, licenciado en psicoloxía, ATS/DUE e subinspector sanitario.

Ofértanse un total de 1.556 prazas na categoría de enfermería e 96 en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (das cales 18 corresponden á clase de farmacéutico inspector de saúde pública, 5 a inspector farmacéutico, 20 a inspector médico, 3 a licenciado en ciencias biolóxicas, 5 a licenciado en ciencias químicas, 6 a licenciado en farmacia, 19 a licenciado en medicina e cirurxía, 2 a licenciado en psicoloxía, 12 a ATS/DUE e 6 corresponden a subinspector sanitario.

Na categoría de enfermería (persoal estatutario que traballa en hospitais e centros de saúde) presentáronse un total de 8.701 persoas aspirantes, das que superaron as probas 8.416 persoas, o que supón unha porcentaxe de aprobados do 96,7 %. Estas probas superábanse cun mínimo do 35% da puntuación total. Así, estes profesionais competirán agora polas prazas na fase de concurso de méritos onde computa a experiencia e a formación entre outras actividades.

Ao mesmo tempo, no mes de novembro 456 enfermeiras tomaron posesión con praza fixa obtida por concurso de méritos.

Nas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), presentáronse un total de 885 aspirantes, dos cales resultaron aprobados 347, o que supón unha porcentaxe de aprobados de preto dun 40%. Na táboa seguinte recóllese o número de aspirantes aprobados por clase:

CLASE
Nº aspirantes aprobados
TOTAL aspirantes presentados/as
CLASE DE ATS/DUE
104
162

CLASE DE FARMACÉUTICO/A INSPECTOR/A DE SAÚDE PÚBLICA

80
190
CLASE DE INSPECTOR/A FARMACÉUTICO/A
7
113
CLASE DE INSPECTOR/A MÉDICO/A
15
44
CLASE DE SUBINSPECTOR/A SANITARIO/A
6
81
LICENCIADO/A EN CIENCIAS BIOLÓXICAS
6
35
LICENCIADO/A EN CIENCIAS QUÍMICAS
13
49
LICENCIADO/A EN FARMACIA
69
138
LICENCIADO/A EN MEDICINA E CIRURXÍA
43
48
LICENCIADO/A EN PSICOLOXÍA
4
25
Total Resultado
347
885

Tras os traballos do tribunais logo de analizar as reclamacións presentadas contra as puntuacións provisionais dos exames, publícanse as puntuacións definitivas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Con esta publicación declárase finalizada a fase de oposición dos referidos procesos selectivos.

Próximas actuacións

O seguinte paso a seguir será a publicación dos listados coa baremación provisional da fase de concurso das persoas aspirantes que resultaron aptas nesta fase de oposición.

Tamén se publicarán en breve as puntuacións provisionais da fase de oposición das categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería que realizaron os exames no mes de novembro.

Neste mes de febreiro e marzo están previstos exames para diversas categorías profesionais. As datas figuran publicadas na web do Servizo Galego de Saúde.

Data de actualización: 23/01/2024