O director da Casa de Galicia en Madrid participa no X Foro de innovación turística Hotusa Explora, previo aos actos de Fitur

Madrid, 23 de xaneiro de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no X Foro de Innovación Turística Hotusa Explora, no Hotel Eurostars Tower. O Grupo Hotusa organizou un ano máis o Foro de Innovación Turística Hotusa Explora que dá inicio a Fitur, a Feira de Turismo que se celebra en Madrid entre os días 24 e 28 de xaneiro. Este evento consolidouse como un referente no sector do turismo e da innovación. 

A cita mantén o seu obxectivo de crear un espazo para o diálogo e o intercambio de coñecementos, ideas e experiencias, á vez que dar lugar á reflexión e a xeración de conclusións, nunha contorna multidisciplinar, que favoreza á innovación, o desenvolvemento de proxectos e posibles acordos de cooperación en favor do avance do sector.


Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/01/2024