O conselleiro do Medio Rural, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, realizou unha visita técnica a estas instalacións

A Xunta remata as obras de reforma da Base de Unidade Operativa de Dumbría

A actuación permitiu a mellora das súas instalacións e a renovación do seu mobiliario

A edificación sirve como punto de encontro do persoal das brigadas forestais, para as que se pretende favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes

Dumbría (A Coruña), 22 de xaneiro de 2024

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o alcalde de Dumbría, Raúl González, realizou hoxe unha visita técnica á Base de Unidade Operativa (BUO) da localidade coruñesa, que acaba de rematar as súas obras de reforma.

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento de vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacéns para material e instrumental de traballos, ademais dos recintos para gardar os vehículos. Ademais, dotouse de novo mobiliario ás súas instalacións para completar a actuación.

A edificación, localizada no concello de Dumbría, é o punto de encontro do persoal das brigadas forestais. Con estas melloras, preténdese favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/01/2024