A Oficina Rural de Betanzos remata as súas obras de mellora, cun investimento total de 350.000 euros

Leváronse a cabo diferentes actuacións, como a renovación do mobiliario das súas instalacións, a optimización da climatización ou a colocación de puntos de carga para os vehículos

O espazo ocupado polos servizos forestais foron os últimos sobre os que se acometeron obras de mellora nesta oficina
 

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2024

A Oficina Rural de Betanzos vén de rematar o proceso de mellora das súas instalacións a través dunha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural, para a que se destinou un orzamento de 350.260,04 euros.

As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron obras coma a renovación do mobiliario, a optimización da climatización ou instalación de puntos de carga para vehículos. A renovación da oficina rural, que abrangueu a ampliación da instalación eléctrica e a iluminación, rematou coa reforma dos servizos forestais.

O obxectivo desta actuación, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina, que se atopa na avenida Carregal desta vila. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía nas materias da súa competencia, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/01/2024