Fabiola García visita un centro residencial en Teo

Teo (A Coruña), 21 de xaneiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, coñeceu hoxe os servizos e o traballo dos profesionais que coidan diariamente ás persoas usuarias do centro residencial emprazado en Pontevea (Teo). Fabiola García visitou as instalacións acompañada da alcaldesa do concello, Lucía Calvo.

A conselleira aproveitou para conversar con usuarios e persoal da residencia, que dispón de servizos de enfermería, fisioterapia e rehabilitación, atención psicolóxica e social, obradoiros, actividades de animación e acompañamento no exterior.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/01/2024