A Xunta remata a construción da pasarela sobre a presa da lagoa na estrada AC-934 en Sobrado
A actuación coincide cun treito do Camiño do Norte e supuxo un investimento de 310.000 €
Executouse unha estrutura voada nun treito de 155 metros que permite unha mobilidade peonil segura nese punto
A actuación foi acordada coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza e coa Sociedade Galega de Historia Natural ao estar na zona da lagoa
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2024
A Xunta acaba de rematar a execución dunha pasarela na estrada AC-934, sobre a presa da lagoa de Sobrado dos Monxes, no Camiño do Norte, que supuxo un investimento de máis de 310.000 €.
Executouse unha pasarela con estrutura prefabricada, ancorada á estrada a través dos ocos existentes entre os peitorís de pedra da vía.
Esta actuación foi acordada coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza e coa Sociedade Galega de Historia Natural, ao estar na zona da lagoa. Así, a pasarela executouse polo lado oposto á lagoa.