A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada AC-430 no concello de Cabana de Bergantiños

Tamén continuarán as intervencións en marcha na estrada OU-504 no concello de Leiro; ou na OU-536, ao paso polo municipio de Pereiro de Aguiar

Proseguirán as tarefas nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica Cangas e Bueu; e na CG-4.1, que une Moaña e Cangas

Estas actuacións enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade da Xunta
 

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2024

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada AC-430 no concello de Cabana de Bergantiños.

Tamén continuarán as actuacións que xa están en marcha na estrada OU-504 no concello ourensán de Leiro; ou na OU-536, ao paso polo municipio do Pereiro de Aguiar.

Na provincia de Pontevedra proseguirán as intervencións nas marxes da vía de altas prestacións VG-4.6, que comunica Cangas e Bueu; e na CG-4.1, que une tamén os municipios de Moaña e Cangas.

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

As actuacións contemplan o roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como a reposición ou a reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O obxectivo dos traballos é previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Data de actualización: 21/01/2024