A Xunta visita ás persoas maiores usuarias das casas do Maior que están en servizo en Castrelo de Miño

Castrelo de Miño (Ourense), 18 de xaneiro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe as dúas casas do maior de Castrelo de Miño, nas que se prestan coidados sociosanitarios de maneira gratuíta aos maiores deste concello. O director xeral estivo acompañado do alcalde, Avelino Pazos.

Antón Acevedo destacou a importancia que teñen este tipo de centros para achegar servizos a concellos pouco poboados do rural, evitando deste xeito que os maiores teñan que desprazarse longas distancias para acceder a eles. Ao respecto, lembrou que nas casas do maior se presta unha atención personalizada a un máximo de cinco persoas por casa, ata oito horas diarias de luns a venres. Esta atención ofrécese con flexibilidade horaria e favorecendo a permanencia das persoas en situación de dependencia no seu contorno.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/01/2024