A Xunta salienta o carácter desestacionalizador das festas de interese turístico, que son máis de 160

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participa na presentación da XLI edición da Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón, que se celebrará en febreiro

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participou hoxe na presentación da XLI edición da Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón, que se celebrará en febreiro, onde puxo de manifesto a capacidade de atracción que teñen celebracións de interese turístico como estas que teñen lugar en inverno.

Salientou, neste sentido, que moitas das que teñen este recoñecemento se celebran fóra da temporada alta e contribúen a que o destino sume atractivos. A Festa da Filloa de Lestedo coincide coa celebración do Entroidos dos Xenerais da Ulla e ambas pertenecen ás máis de 160 festas de interese turístico coas que conta Galicia, das que 140 son de interese turístico autonómico, 9 de interese turístico nacional e 15 co recoñecemento internacional.

Data de actualización: 18/01/2024