A directora xeral de administración local realiza unha visita institucional ao concello de Cortegada

Cortegada (Ourense), 18 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, realizou hoxe unha visita institucional a Cortegada para coñecer de primeira man as necesidades do concello no marco do apoio ao eido local. 

No percorrido visitouse a Casa do Concello, onde se instalou un ascensor para garantir a accesibilidade, e o pavillón municipal, no que se cambiaron a cuberta e as luminarias a prol dun mellor illamento e do aforro enerxético.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/01/2024