A Xunta homenaxea a Camilo José Cela no 22º aniversario do seu pasamento

Padrón (A Coruña), 17 de xaneiro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Padrón na homenaxe impulsada pola Xunta de Galicia polo 22º aniversario do falecemento de Camilo José Cela. Estes actos para divulgar a súa figura e legado comezaron cunha ofrenda floral no cemiterio de Santa María de Adina por parte das autoridades e os escolares da Colexiata de Santa María de Adina.

Tras isto, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades trasladouse ao Museo da Fundación Camilo José Cela, onde se representou a obra de teatro O inventor de palabras a cargo de Suso Martínez e Iñaqui Rosado, que conta a historia do encontro entre dúas das personaxes icónicas de Cela no que lembran territorios literarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/01/2024