Fabiola García participa no pleno da Conferencia Sectorial de Reto Demográfico

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou esta tarde por videoconferencia no Pleno da Conferencia Sectorial de Reto Demográfico.

Nesta reunión entre o Goberno e as Comunidades Autónomas abordáronse, entre outras cuestións, actuacións de bioeconomía para a desenvolver en municipios con especiais dificultades demográficas, programas de capacitación dixital para a cidadanía e un informe sobre os avances na política de reto demográfico e loita contra o despoboamento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/01/2024