A Xunta visita a nova casa do maior de Boqueixón

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o alcalde, Ovidio Rodeiro, visitaron aos primeiros usuarios deste servizo que entrou en funcionamento recentemente

Boqueixón (A Coruña), 12 de xaneiro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a nova casa do maior que entrou en funcionamento recentemente en Boqueixón e que xa conta cos seus dous primeiros usuarios.

 

Antón Acevedo, que estivo acompañado do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, destacou a importancia que teñen estes recursos como punto de encontro para as persoas maiores e nos que reciben de maneira gratuíta atención sociosanitaria. No ano 2018 puxéronse en marcha as primeiras casas do maior e desde entón concedéronse axudas para a creación de 125 centros deste tipo por toda a comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/01/2024