A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe en Rois o centro ocupacional que xestiona a entidade Amipa

O DOG publica a resolución da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF que beneficia a 147 entidades sociais e á que se destinan 28 M€

Fabiola García garante que a Xunta continuará apoiando o tecido asociativo para que as persoas máis vulnerables conten cos recursos que necesitan

Rois (A Coruña), 12 de xaneiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe o centro ocupacional que xestiona a entidade Amipa, que conta con 24 prazas de atención á discapacidade para as familias de Rois e doutros concellos limítrofes. Esta visita coincidiu coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da resolución da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF dirixidas a entidades sociais que traballan nos ámbitos da discapacidade, de menores, inclusión ou voluntariado. 

Un total de 147 entidades sociais galegas benefícianse desta orde de axudas dotada dun orzamento de 28 millóns de euros. Fabiola García sinalou que a Xunta seguirá apoiando ao tecido asociativo e traballando da súa man os 365 días do ano para que as persoas máis vulnerables conten cos recursos que necesitan para desenvolver o seu proxecto de vida. 

A conselleira destacou a traxectoria do centro ocupacional Amipa, no que desde a súa posta en marcha no ano 2009 se desenvolven obradoiros de artesanía, horta ecolóxica, deporte e ocio, formación profesional e actividades de formación para a vida.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/01/2024