O delegado territorial da Xunta reúnese con Manuel Touceda, novo coronel xefe da Comandancia de Lugo

Lugo, 12 de xaneiro de 2024

 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión co novo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Manuel Touceda, nunha primeira toma de contacto que serviu para darlle a benvida e desexarlle moitos éxitos neste cometido.

Arias subliñou o importante papel que xoga a Garda Civil en materia de seguridade cidadá nesta provincia e a súa participación fundamental nos plans de emerxencia que coordina a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/01/2024