A Xunta aborda as liñas de traballo abertas con ASEM Galicia para mellorar a calidade de vida das persoas con doenzas neuromusculares

Vigo, 11 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reuniuse hoxe co presidente da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia), Manuel Rego, con quen abordou as liñas de traballo desta entidade dirixidas a mellorar a calidade de vida das persoas con estas doenzas e as súas familias.

Begoña Abeijón destacou o traballo de ASEM Galicia para dar a coñecer a realidade e as necesidades específicas que teñen os seus usuarios. Así, esta entidade ofrece servizos de información, orientación e asesoramento, fisioterapia, apoio psicolóxico, programas de promoción da autonomía persoal e actividades lúdico-recreativas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/01/2024