A Xunta participa nun estudo sobre a biodiversidade nas explotacións de produción ecolóxica de bovinos

Lugo, 11 de xaneiro de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, clausurou esta mañá en Lugo o acto de presentación do “Estudo de cuantificación dos baremos cualificativos da biodiversidade nas explotacións de produción ecolóxica de bovinos de leite e carne”, impulsado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

O director destacou na súa intervención a evolución positiva da agricultura ecolóxica en Galicia nos últimos anos, así como a importancia da Lei da Calidade Alimentaria para o futuro do sector. Sobre a publicación presentada hoxe, en concreto, abordáronse aspectos clave deste tipo de producións e outros temas como os efectos da zootecnia ecolóxica na biosfera, a través dos resultados obtidos ao analizar e comparar varias granxas de produción ecolóxica de bovinos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/01/2024