Xosé Merelles salienta o potencial turístico da Casa Museo de Valle Inclán para reforzar o destino galego

O director de Turismo de Galicia visita a casa natal do escritor, que valora como un atractivo cada vez máis importante para os viaxeiros que chegan a Galicia

Vilanova de Arousa, 11 de xaneiro de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou hoxe a Casa Museo de Ramón María de Valle Inclán, en Vilanova de Arousa, onde salientou o crecente potencial turístico deste recurso que contribúe, dixo, a reforzar a competitividade do destino galego.

Xosé Merelles valorou a traxectoria da Casa Museo promovendo e divulgado durante anos o labor do escritor desde a súa vila natal e facéndoa atractiva tamén para os viaxeiros que escollen Galicia cada ano. Neste sentido salientou o seu papel para impulsar o turismo cultural na Comunidade.

Na súa visita, o director do Turismo mantivo, ademais, unha reunión técnica co alcalde, Gonzalo Durán, para abordar algunhas necesidades relativas ás melloras que se están a acometer no interior e exterior do recinto para reforzar a súa eficiencia enerxética e accesibilidade, así como acondicionado o seu exterior na zona axardinada no marco do Xacobeo Next Generation deseñado Xunta de Galicia que conta con proxectos en 12 Bens de Interese Cultural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/01/2024