O concurso de escaparatismo de Nadal iluminou máis de medio centenar de establecementos en Vigo

A gala da campaña “Ilumina o teu escaparate” celebrarase o vindeiro 21 de xaneiro no Auditorio da Delegación Territorial da Xunta en Vigo

Vigo, 6 de xaneiro de 2024

O Auditorio da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acollerá o vindeiro 21 de xaneiro a gala da campaña “Ilumina o teu escaparate”, que foi organizada polas asociacións de comerciantes co apoio do Goberno galego para activar o consumo nos pequenos establecementos das diferentes zonas da cidade durante o Nadal.

Un total de 53 establecementos das zonas do Calvario, Bouzas, Navia, As Travesas, Casco Vello Vigo, Zona Náutico, Teis, Vigo Centro, Xeral e Torrecedeira participaron na iniciativa que comezou o 1 de decembro e rematou o pasado día 15 de decembro.

O vindeiro 21 de xaneiro o Auditorio da Xunta en Vigo acollerá a gran gala na que se darán a coñecer os gañadores. Entre todos os participantes se sorteará unha fin de semana nunha casa rural e unha tutoría dun profesional de merchandising do escaparatismo, atención ao cliente e redes sociais. Ademais, haberá premios en metálico para o gañador (300 euros), o segundo clasificado (200 euros) e o terceiro (100 euros). 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/01/2024