O conselleiro do Medio Rural visitou esta mañá, acompañado polo alcalde deste concello ourensán, unha posible zona para levar a cabo estes traballos

O conselleiro do Medio Rural visitou esta mañá, acompañado polo alcalde deste concello ourensán, unha posible zona para levar a cabo estes traballos

Estas actuacións estarían enmarcadas no Programa estratéxico do castiñeiro, contemplado no Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”, para contribuír ao fomento dos recursos forestais non madeireiros

Laza (Ourense), 5 de xaneiro de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do alcalde de Laza, José Ramón Barreal, realizou unha visita esta mañá a unha posible zona para a plantación de castiñeiro nesta localidade.

Estas actuacións enmarcaríanse no Programa estratéxico do castiñeiro, contemplado no Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”, para contribuír ao fomento dos recursos forestais non madeireiros.

O programa conta con 36 actuacións integradas en cinco eixos de intervención, que abranguen dende a aposta pola planificación e investigación ata a mellora da competitividade e do valor engadido das empresas.

Sector gandeiro

O conselleiro tamén visitou esta mañá unha explotación de gando vacún en extensivo neste mesmo concello. Onte mesmo abriu o prazo para a solicitude das achegas aos produtores que traballen baixo a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, dotadas con 12 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/01/2024