A Xunta convoca 750.000 euros en axudas para apoiar o labor das entidades recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde para compensar en parte os gastos xerados ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro, en atención aos beneficios que o sector recibe pola implantación deste sistema

Poderán beneficiarse destas axudas as entidades oficialmente recoñecidas pola comunidade autónoma de Galicia como terceiros para a realización do control leiteiro oficial

O prazo de presentación de solicitudes para estas axudas será dun mes a partir de mañá, día seguinte á súa publicación

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde mediante a que se convocan 750.000 nunha nova liña de axudas para financiar o labor que desenvolven as entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia.

Esta achega ten como finalidade compensar en parte os gastos xerados ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, en atención aos importantes beneficios que o sector no seu conxunto recibe pola implantación xeneralizada deste sistema.

Poderán beneficiarse destas axudas as entidades oficialmente recoñecidas pola comunidade autónoma de Galicia como terceiros para a realización do control leiteiro oficial. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá, día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As actividades subvencionables para realizar polas entidades beneficiarias serán todas aquelas actuacións destinadas a comprobar sistematicamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras leiteiras, para a determinación do valor xenético e os méritos ou outras capacidades dos animais, no marco dun programa de cría aprobado oficialmente para a raza.

Ligazón á orde no DOG:

Data de actualización: 05/01/2024