A Oficina rural de Baio, no concello de Zas, remata as súas obras de reforma cun investimento total de máis de 100.000€

Acometéronse diversas obras de mellora, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións

A oficina sitúase no concello coruñés e dálle servizo á súa veciñanza, así como aos de Camariñas e Vimianzo

Santiago de Compostela, 04 de xaneiro de 2024

A Oficina Rural de Baio, no concello coruñés da Zas, vén de rematar o proceso de reforma das súas instalacións, unha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural para a que se destinou un orzamento total de 105.088,26 euros.

As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron diferentes obras, renovouse o mobiliario e instaláronse puntos de carga para vehículos. O obxectivo desta reforma é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina.

Estas actuacións permitiron mellorar o espazo no que se atopa a Oficina Rural de Baio, que dá servizo aos veciños dos concellos de Zas, Camariñas e Vimianzo. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía na materia que lle compete, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/01/2024