Os maiores do programa Xuntos polo Nadal desfrutan da segunda semana de actividades na Residencia de Tempo Libre do Carballiño

O Carballiño (Ourense), 3 de xaneiro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou os maiores que desfrutan da segunda semana do programa Xuntos polo Nadal na Residencia de Tempo Libre do Carballiño. Alí lembrou a importancia desta actividade para combater a soidade non desexada, especialmente entre as persoas maiores.

Este ano, 300 maiores de 60 anos desfrutan destas festas en compañía tanto nesta residencia do Carballiño como na de Panxón, en Nigrán. Os usuarios contan con estadías gratuítas de 15 días en réxime pensión completa e participan en diferentes actividades como baile, ximnasia, obradoiros de novas tecnoloxías ou excursións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/01/2024