A Oficina Rural de Teixeiro, no concello de Curtis, remata as súas obras de reforma cun investimento total de máis de 150.000 euros

Acometéronse diversas obras de mellora, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións

A oficina sitúase no concello coruñés e dálle servizo á súa veciñanza, así como aos municipios de Sobrado, Aranga e Vilasantar

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024

A Oficina Rural de Teixeiro, no concello coruñés da Curtis, vén de rematar o proceso de reforma das súas instalacións, unha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural para a que se destinou un orzamento total de 151.770,43 euros.

As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron diferentes obras, así como de renovación da carpintería, de arranxo na fachada e na optimización da climatización do espazo. O obxectivo desta reforma é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina.

Estas actuacións permitiron mellorar o espazo no que se atopa a Oficina Rural de Teixeiro, que dá servizo aos veciños dos concellos de Curtis, Sobrado, Aranga e Vilasantar. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía na materia que lle compete, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/01/2024