A Xunta felicita a entrada do novo ano os usuarios do centro de día de Ponteareas

Ponteareas (Pontevedra), 3 de xaneiro de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e da alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, visitou esta mañá o centro de día público autonómico desta localidade. Alí puido felicitar a entrada do novo ano os usuarios e coñecer o programa de actividades que teñen previsto para este mes de xaneiro.

O centro de día de Ponteareas ofrece atención diúrna e unha ampla oferta de actividades a unha vintena de maiores deste municipio e da súa contorna durante oito horas ao día. O xerente destacou a calidade asistencial deste servizo e agradeceu a todo o persoal a súa profesionalidade e o bo trato que lle prestan a todos os usuarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/01/2024