A Xunta completa os traballos de conservación e mellora de recursos xenéticos forestais no viveiro dos Trollos

Bóveda (Lugo), 3 de xaneiro de 2024

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, acompañado do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, supervisou esta mañá os traballos realizados no viveiro forestal Os Trollos, situado nesta localidade lucense, que estiveron centrados na conservación e mellora de recursos xenéticos forestais.

As actuacións levadas a cabo enmárcanse nun proxecto de recuperación das masas existentes deste viveiro, cun orzamento de 86.230 euros, orientado á restauración das mouteiras mediante os oportunos tratamentos silvícolas e traballos de mantemento do horto sementeiro de Pinus pinaster.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/01/2024