A Xunta aposta por levar recursos de conciliación de 0 a 3 anos a concellos do rural galego

Bande (Ourense), 2 de xaneiro de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica de Bande, acompañado da alcaldesa da localidade, Sandra Quintas. O xerente lembrou que o Goberno galego aposta por levar recursos de conciliación de 0 a 3 anos a concellos do rural galego para fomentar a igualdade de oportunidades entre territorio.

A continuación, Perfecto Rodríguez achegouse ata ao centro interxeracional de Ourense, no que nenos e maiores teñen a oportunidade de compartir actividades, aprender e coidarse mutuamente. Ademais de desexarlles unha boa entrada de ano, puxo en valor estas instalacións que poñen o foco nun dos retos máis importantes da nosa Comunidade como é a convivencia e recoñecemento das distintas xeracións da nosa sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/01/2024